Sala de Xuntas
O xefe do servizo de Inspección e Control dos Recursos da Subdirección Xeral de Gardacostas da Consellería do Mar, Pedro Gandarillas Iglesia, ofrece este mércores 18 un relatorio, a partir das 18.00 horas, na Sala de Xuntas da Facultade de Veterinaria

O xefe do servizo de Inspección e Control dos Recursos da Subdirección Xeral de Gardacostas da Consellería do Mar, Pedro Gandarillas Iglesia, ofrece este mércores o relatorio ‘O inspector veterinario na produción acuícola’, a partir das 18.00 horas, na Sala de Xuntas da Facultade de Veterinaria, no marco do ciclo ‘Apaixonad@s pola Veterinaria’.
A charla de Gandarillas Iglesia está encadrada na programación da nova edición deste ciclo divulgativo promovido desde a Facultade de Veterinaria da USC para achegar e, no seu caso, conectar ao alumnado con empresas do sector e profesionais en activo. O acceso a esta sesión, dirixida fundamentalmente a alumnado, é libre e de balde para todo o público interesado.