Skip to main content

Xornada

'Conciliar estudos e deporte na USC: presente e futuro a debate'

10.20.2023 | 10.00h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

Organizada pola Área Deportiva, o Centro de Formación de Persoal e a Cátedra Institucional Vida Saudable

A práctica físico-deportiva no contexto universitario será unha das cuestións a tratar. FOTO: Santi Alvite
A práctica físico-deportiva no contexto universitario será unha das cuestións a tratar. FOTO: Santi Alvite

O Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC acolle este venres 20, dende as 10.00 horas, a xornada 'Conciliar estudos e deporte na USC: presente e futuro a debate', organizada pola Área Deportiva, o Centro de Formación de Persoal e a Cátedra Institucional Vida Saudable. A inscrición pode formalizarse de balde ata o 19 de outubro ás 14.00 horas.

A práctica físico-deportiva no contexto universitario, o papel da USC na conciliación da vida académica e deportiva ou o programa de apoio á carreira dual (estudos e deporte) do alumnado vinculado ao deporte de alto nivel serán algunhas das cuestións abordadas nesta xornada dirixida a alumnado e PDI da USC, PAS da Área Deportiva da USC, deportistas, directivas/os, técnicas/os, adestradoras/os, xuízas/ces e árbitras/os, titoras/es académicas/os de deportistas de alto nivel da USC, equipos decanais e de dirección dos centros, federacións deportivas galegas e clubs deportivos.

The contents of this page were updated on 10.17.2023.