Skip to main content

Xornadas

'Enfrontar a desigualdade dende unha mirada global. O valor do desenvolvemento inclusivo na Axenda 2023'

10.24.2023-10.26.2023 | 17.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

A entrada é libre ata completar a capacidade do espazo

Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite

As xornadas 'Enfrontar a desigualdade dende unha mirada global. O valor do desenvolvemento inclusivo na Axenda 2023', organizadas pola Facultade de Filosofía da USC e por  Mans Unidas, e nas que colabora Cooperación Galega (XdG), desenvolveranse os días 24, 25 e 26 de outubro en horario de tarde, a partir das 17.00 horas, no Salón de Actos do centro.

Ao acto inaugural asistirán a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias; o decano de Filosofía, Xavier de Donato; e a delegada de Mans Unidas en Compostela, María Potel. Para máis información, pódese contactar co profesor Xosé Luis Pastoriza no enderezo electrónico jl.pastoriza [at] usc.es (jl[dot]pastoriza[at]usc[dot]es) A entrada é libre ata completar a capacidade do espazo.

 

Cartel das xornadas
Cartel das xornadas
The contents of this page were updated on 10.25.2023.