Skip to main content

Os 15 sons creativos

Concerto de Inmaculada Cárdenas e Juan Antonio Lleó

10.27.2023 | 20.30h

Casa do Saber

Programa incluído na programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural

Os 15 Sons Creativos
Os 15 Sons Creativos

O ciclo 'Os 15 sons creativos', un programa incluído na programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, ofrece o venres 27 un concerto de Inmaculada Cárdenas e Juan Antonio Lleó, que inclúe 'Oratorio do Caldeiro de Santo Agotiño', con poemas de Margarita Borja escritos a raíz da catástrofe do Prestige, 'Páginas Volantes', do libro de autor de Olga Verme e os poemas de Violeta Barrientos, 'El Fauno', para frauta e cinta, e 'Weyujoi', baseado no poema do poeta chino Li-Po.

Tendo en conta o labor do Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago (GCMUS) e a música experimental no campus, artellouse no seu momento este ciclo que cada vez resulta máis integrador coa cidade e que presenta a vangarda na música contemporánea que se interrelaciona máis con outras artes como a videocreación e a performance.

Será ás 20.30 horas na Casa do Saber do campus de Lugo. 

Cartel concerto 27 de outubro
Cartel concerto 27 de outubro
The contents of this page were updated on 10.27.2023.