Skip to main content

Obradoiro creativo de fotografía con Ariadna Silva

1/12/2023 - 16.00 horas

Casa do Saber
Lugo

A sesión, incluída na programación do Outono Cultural da USC, desenvolverase o 1 de decembro, de 16.00 a 20.00 horas, na Casa do Saber. A matrícula permanece aberta a través do enderezo cultura.lugo@usc.es ou na oficina de Cultura do Campus de Lugo

Ariadna Silva
Ariadna Silva

Os obradorios de procesos creativos promovidos na sede universitaria luguesa ao abeiro do Espazo de Fotografía da USC no marco da programación incluída no Outono Cultural, continúan este venres 1 de decembro cunha nova sesión a cargo de Ariadna Silva.

A inscrición nestes obradoiros creativos de fotografía, que se desenvolven en quenda de tarde, de 16.00 a 20.00 horas, na Casa do Saber, permanece aberta na Oficina da Área de Cultura do Campus de Lugo e pode formalizarse tamén a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es). A matrícula en cada unha das sesións programadas custa 15 euros para a comunidade universitaria e 20, para o resto do público interesado.

The contents of this page were updated on 12.01.2023.