Skip to main content

Encontro con Paula Carballeira

10.30.2023 | 12.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos (Campus Norte)

Baixo o título 'Aprender as palabras para cambiar o mundo', estará aberto previo rexistro a todas as persoas interesadas

Paula Carballeira. FOTO: Facebook
Paula Carballeira. FOTO: Facebook

A escritora Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, manterá este luns 30 de outubro, na Facultade de Ciencias da Educación (Campus norte), un encontro co alumnado da materia 'Ensino e aprendizaxe de competencias comunicativas: Lingua e Literatura Galegas', ao que tamén poderán asistir todas as persoas interesadas previo rexistro nun formulario electrónico. Paula Carballeira é tamén contacontos e actriz. 

O encontro, baixo o título 'Aprender as palabras para cambiar o mundo', enmárcase nas Xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil (LIX), organizadas pola propia facultade, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, o Grupo LITER21, e polo proxecto 'Investigación en LIX' do Centro Ramón Piñeiro. A sesión terá lugar no salón de actos do centro de 12.00 a 13.30 horas.  

Cartel do evento
Cartel do evento
The contents of this page were updated on 10.27.2023.