11.06.2023 | 12.30h
O autor será presentado por Carmen Ferreira Boo

O escritor, investigador e divulgador Antonio Reigosa será o vindeiro relator das Xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil que se están a desenvolver na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Norte. Reigosa pronunciará a charla 'Do falado ao escrito. Literaturas de ida e volta' o vindeiro luns 6 de novembro a partir das 12.30 horas. O autor será presentado por Carmen Ferreira Boo.
