Skip to main content

Faíscas culturais

Narrativas efectivas para comunicar o cambio climático

11.07.2023 | 11.00h

A terceira edición do programa Faíscas Culturais profunda, con aulas abertas e sesións, na exploración de como a "ansiedade climática" está a calar nas investigacións de artistas 'millenial' de Galicia e do norte de Portugal

Faísca Un rastro de furia e algas. Reflexións sobre o futuro do planeta Terra
Faísca Un rastro de furia e algas. Reflexións sobre o futuro do planeta Terra

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. 

Baixo o título 'Un rastro de furia e algas. Reflexións sobre o futuro do planeta Terra', a terceira edición do programa afonda na exploración de como a "ansiedade climática" está a calar nas investigacións de artistas 'millenial' de Galicia e do norte de Portugal en aulas abertas e conversas que percorren varios dos centros da USC e se complementan cunha exposición itinerante coordinada por Federico López Silvestre.

O 7 de novembro ás 11 horas, na Facultade de Ciencias da Comunicación, estudantes de distintas materias, docentes e membros de Rebelión Científica Galicia analizarán diferentes medios e formatos para localizar os xeitos que consideren máis eficaces para comunicar o cambio climático e inducir á concienciación e acción.

The contents of this page were updated on 11.06.2023.