Skip to main content

Faíscas culturais

Desvelando a flora urbana e o seu potencial na configuración dunha cidade biodiversa

12.01.2023 | 12.00h

Salón Artesoado

A terceira edición do programa Faíscas Culturais profunda, con aulas abertas e sesións, na exploración de como a "ansiedade climática" está a calar nas investigacións de artistas 'millenial' de Galicia e do norte de Portugal

Faísca Un rastro de furia e algas. Reflexións sobre o futuro do planeta Terra
Faísca Un rastro de furia e algas. Reflexións sobre o futuro do planeta Terra

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. 

Baixo o título 'Un rastro de furia e algas. Reflexións sobre o futuro do planeta Terra', a terceira edición do programa afonda na exploración de como a "ansiedade climática" está a calar nas investigacións de artistas 'millenial' de Galicia e do norte de Portugal en aulas abertas e conversas que percorren varios dos centros da USC e se complementan cunha exposición itinerante coordinada por Federico López Silvestre.

O 1 de decembro ás 12 horas, haberá unha andaina que partirá do lugar da exposición no Colexio de Fonseca, dirixida e comentada polo biólogo Miguel Serrano, seguindo o percorrido Fonseca - zona vella - Alameda - Sarela - Fonseca.

The contents of this page were updated on 12.01.2023.