Skip to main content

‘Lecturas en clave feminista. Unha escolla de referentes para empezar’, a cargo de Ana Cabana

10/11/2023 - 10.00 horas

Sala investigadores Biblioteca Intercentros

O obradoiro promovido desde a Comisión de Xénero de Veterinaria ao abeiro do proxecto ‘Pinta, colorea e escoita a loita’, desenvolverase este venres, a partir das 10.00 horas, na sala de investigadores da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo

Cartaz da actividade
Cartaz da actividade

A profesora do Departamento de Historia da USC Ana Cabana impartirá este venres 10 de novembro, a partir das 10.00 horas, na sala de investigadores da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, o obradoiro ‘Lecturas en clave feminista. Unha escolla de referentes para empezar’.

A actividade, de acceso libre e gratuíto para todo o público interesado, está promovida pola Comisión de Xénero da Facultade de Veterinaria e encádrase no proxecto ‘Pinta, colorea e escoita a loita’, no marco da convocatoria de axudas destinadas ao desenvolvemento de proxectos de dinamización físico-deportiva e cultural da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC.

O proxecto en cuestión xurde a iniciativa das estudantes da Comisión de Xénero de Veterinaria, co propósito de promover actividades culturais con perspectiva de xénero para que sexan un punto de encontro da comunidade universitaria do Campus de Lugo.

Cartaz da actividade
Cartaz da actividade
The contents of this page were updated on 11.08.2023.