Skip to main content

O reitor reforza lazos con institucións brasileiras

O reitor reforza lazos con institucións brasileiras
O reitor reforza lazos con institucións brasileiras
Esta semana remata unha viaxe polo país americano

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, está realizando estes días unha visita institucional a Brasil para estreitar lazos de cooperación con diversas universidades e organismos educativos do país americano. A Viaño acompáñao a vicerreitora de Internacionalización, Almudena Hospido.

A visita comezou o pasado día 9 cunha xuntanza en Camboriú co Consello Nacional das Institucións da Rede Federal de Educación Profesional, Científica e Tecnolóxica (CONIF) do Brasil co que o reitor asinou un acordo de cooperación. O CONIF é unha instancia de discusión, proposta e promoción de políticas de desenvolvemento da formación profesional e tecnolóxica, a investigación e a innovación moi implicada no debate e na defensa da educación pública, gratuíta e de excelencia. Precisamente o outono pasado responsables do CONIF visitaron a universidade compostelá e aquí expuxeron os obxectivos que teñen para as 41 institucións que o forman.

A comitiva compostelá visitou despois o campus do Instituto Federal Catarinense e mantivo diversas reunións cos institutos federais cos que a USC ten asinado protocolos de colaboración e convenios de mobilidade, ao tempo que estableceron novos acordos con outros membros da rede federal.

O encontro co CONIF enmarcase na visita institucional da USC a Brasil con motivo da primeira feira de educación superior organizada pola Consellería de Educación en Brasil, coa colaboración da Embaixada de España nese país e o SEPIE.

Adicionalmente, o reitor e a vicerreitora visitarán diversas universidades brasileiras, entre elas a Estadual Paulista, a Estadual de Campinas, a Estadual Fluminense ou a Pontificia Universidade Católica de Rio, co obxectivo principal de reforzar os vínculos existentes e potenciar a colaboración mutua.

O reitor e a vicerreitora co director de SEPIE e o cónsul de Sao Paulo

The contents of this page were updated on 03.13.2017.