11.15.2023 | 12.00h-14.00h
A xornada desenvolverase co lema 'Os perfís máis buscados polas empresas hoxe'

A Facultade de Matemáticas acolle unha xornada organizada por La Voz de Galicia en colaboración co BBVA arredor dos perfís profesionais nas ensinanzas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas). A sesión leva por título 'Os perfís máis buscados polas empresas hoxe' e contará coa participación de representantes de diversas empresas para compartir a súa experiencia.
O encontro, que se desenvolverá a partir das 12.00 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas, poderá seguirse por Youtube.