Skip to main content

Normalización lingüística

III Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da Química

11.15.2023-11.16.2023 | 09.00h-12.45h

Santiago de Compostela

A Facultade de Química da USC acolle os días 15 e 16 de novembro esta xuntanza organizada pola Comisión de Normalización Lingüística.

Facultade de Química no Campus Vida
Facultade de Química

Con esta xornada quere crearse un espazo de encontro no que as investigadoras e investigadores novos que desenvolven o seu traballo no ámbito da química poidan dalo a coñecer ao resto da comunidade universitaria, e potenciar ao tempo as súas capacidades de comunicación en público en lingua galega.

Isto vaise plasmar nunha sesión aberta de comunicacións orais nas que esta mocidade investigadora presenta, en lingua galega e cun enfoque divulgativo, algún aspecto máis ou menos específico do traballo que desenvolve ou da súa área de investigación.

Premios

A XINQ está aberta a calquera estudante dun máster ou dun programa de doutoramento da USC relacionado co ámbito da química. Cada persoa pode participar cunha única comunicación oral e premiaranse as dúas mellores intervencións en cada unha das categorías (Doutoramento e Máster). Cada persoa premiada recibirá un disco duro HDD dun TB e un premio en metálico de 65€, así como un diploma acreditativo.

The contents of this page were updated on 11.13.2023.