Skip to main content

Compostela en catro décadas, unha ollada de Manolo Blanco

Compostela en catro décadas, unha ollada de Manolo Blanco
Compostela en catro décadas, unha ollada de Manolo Blanco
Este mércores inaugúrase en Fonseca a mostra ‘A cidade no tempo’

Ata o 30 de abril o Colexio de Fonseca acubillará unha exposición do fotógrafo compostelán Manolo Blanco cunha parte da extensa obra coa que retratou ao longo das últimas catro décadas as rúas e xentes da capital galega.

‘A cidade no tempo. A mirada de Manolo Blanco’ inaugurarase este mércores 15 ás 20.00 horas nun acto no que participarán o reitor Juan Viaño, o presidente do Ateneo de Santiago, Salvador García-Bodaño; o presidente da Asociación de Periodistas de Santiago, Luís Menéndez, e presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País, Juan Bautista de la Salle, todos eles responsables das entidades organizadoras da exposición, que contou co patrocinio da Deputación da Coruña e o Concello de Santiago.

A exposición dá conta da cidade compostelá a través da cámara de Manolo Blanco, poñendo en valor o fotoxornalismo e o labor gráfico desempeñado por un fotógrafo que xa é tamén parte da historia de Compostela. A evolución urbanística, a vida cotiá, o barullo das prazas, o mercado, as protestas, a vida institucional, a Universidade, as festas… unha cotidianeidade retratada por un profesional con longa traxectoria e a quen tamén así se lle quere render unha homenaxe.

‘A cidade no tempo’ poderá visitarse de luns a sábado de 11.00 a 14:00 e de 17.30 a 20.30 horas.

The contents of this page were updated on 03.14.2017.