É o promotor do concepto "Galeguia" para referirse ao universo de países e territorios de lingua galego-portuguesa

O escritor brasileiro Luiz Ruffato participará este martes 21 de novembro ás 12.00 horas nun encontro que se desenvolverá na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela, no que terá a oportunidade de conversar con estudantes, docentes e público que queira achegarse. O evento será transmitido ao vivo pola canle de Youtube da USC e será moderado a mesa as profesoras Carmen Villarino Pardo e Mariana Killner.
Ás 19.00 horas terá lugar un segundo encontro na libraría Couceiro (casco histórico), moderado polo profesor e escritor Carlos Quiroga.
Os dous eventos son organizados polo Núcleo de Docentes de Português da Facultade de Filoloxía da USC e contan co apoio financeiro do Ministério das Relações Exteriores do Brasil, da Embaixada do Brasil en Madrid e do Instituto Guimarães Rosa.
Luiz Ruffato é autor dunha obra extensa, con ampla repercusión no Brasil -onde gañou algúns dos máis importantes premios, coma o Jabuti e o da APCA, en varias ocasións- e no exterior, onde a súa obra foi traducida para varias linguas (castelán, inglés, francés, alemán, polaco ou catalán) e editada en diversos países. Ademais recibiu o premio Escritor Galego Universal 2015 da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega-AELG e é o promotor do conceito "Galeguia" para referirse ao universo de países e territórios de lingua galego-portuguesa.