Skip to main content

Ciclo ‘Ciencia, innovación e educación en feminino’

23/11/2023 27/11/2023 - 10.00 horas

As investigadoras María Carmen Collado, Joana Azeredo e Rosario Pastor participan como relatoras nun programa impulsado pola Comisión de Igualdade de Xénero da Facultade de Ciencias da USC, que se desenvolverá do 23 ao 27 de novembro

Facultade de Ciencias
Facultade de Ciencias

A Facultade de Ciencias do Campus de Lugo da USC acolle do 23 ao 27 de novembro o ciclo de conferencias ‘Ciencia, innovación e educación en feminino’, un programa de divulgación impulsado desde a Comisión de Igualdade de Xénero do centro universitario lugués e incluído no programa de formación complementaria do Campus Terra 2023.

O programa destas xornadas, de acceso libre e de balde previa inscrición en liña, comeza o xoves 23, a partir das 10.00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Ciencias, co relatorio ‘Somos o que comemos, pero tamén o que comen as nosas bacterias’, a cargo da investigadora do Instituto de Agroquímica e Tecnoloxía de Alimentos (IATA-CSIC) María Carmen Collado Amores.

A investigadora e profesora asociada no Centro de Enxeñaría Biolóxica da Universidade de Minho (Braga) Joana Azeredo dará continuidade a este ciclo o venres 24, ás 10.00 horas, coa charla ‘Bacteriógrafos como unha nova ferramenta biotecnolóxica’. A tamén docente e investigadora na Universidade Católica de Ávila Rosario Pastor Martín, pechará o luns 27, tamén ás 10.00 horas, o ciclo coa conferencia ‘A dieta como ferramenta do sistema nacional de saúde’.

Cartaz do ciclo de conferencias 'Ciencia, innovación e educación en feminino'
Cartaz do ciclo de conferencias 'Ciencia, innovación e educación en feminino'
The contents of this page were updated on 11.17.2023.