Skip to main content

As disciplinas do Seminario de Estudos Galegos onte e hoxe

11.27.2023 | 10.00h-12.00h

Santiago de Compostela
Salón de Graos do Colexio de San Xerome

Este novo libro preséntase o luns 27 de novembro ás 10.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome

A presentación será no Salón de Graos, no Colexio de San Xerome. FOTO: Santi Alvite
A presentación será no Salón de Graos, no Colexio de San Xerome. FOTO: Santi Alvite

O volume, editado polo Servizo de Publicacións, está xa á venda e constitúe o resultado das xornadas de investigación que o Equipo Decanal da Facultade de Filoloxía organizou no mes de outubro co mesmo título. O obxectivo era poder ofrecer un balance do estado das disciplinas que formaron parte do Seminario de Estudos Galegos (SEG) a través da mirada das doutorandas e doutorandos da USC.

Un grupo de investigadoras e investigadores, mozas e mozos universitarios de 2023, revisitan, cen anos despois da fundación do SEG, o labor daqueles mozos que en 1923 puxeron os alicerces dunha construción, cultural e científica, monumental, que pretendía atender diversos campos do saber que non eran obxecto de estudo como materia galega na universidade, tanto dende o punto de vista investigador como formativo e divulgador. Estas páxinas avalían, precisamente, o estado actual das disciplinas que constituíron as diferentes seccións integradas no Seminario de Estudos Galegos.

A edición do volume correu a cargo da profesora da Facultade de Filoloxía Alejandra Ulla Lorenzo.

Portada do libro 'As disciplinas do Seminario de Estudos Galegos onte e hoxe'
Portada do libro 'As disciplinas do Seminario de Estudos Galegos onte e hoxe'
The contents of this page were updated on 11.24.2023.