Skip to main content

Músicas a carón da Mosqueira

Concerto de Laura Ballestrino (piano)

1/12/2023 - 20.30 horas

Campus de Lugo
Casa do Saber

O ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ comeza este curso académico coa actuación de Laura Ballestrino ao piano

Cartel do ciclo Músicas a carón da Mosqueira
Cartel do ciclo Músicas a carón da Mosqueira

O ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’, incluído na programación organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, comeza este curso académico coa actuación de Laura Ballestrino ao piano. O concerto será o venres 1 de decembro ás 20.30 horas, na Casa do Saber do campus de Lugo, e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

A artista madrileña comezou a tocar o piano á temperá idade de 5 anos e actualmente é unha das grandes promesas da música en España. Foi galardoada en prestixiosos concursos nacionais e internacionais.

Realizou xiras e ofreceu concertos por toda España. A súa carreira musical tamén se desenvolve no estranxeiro.

A súa traxectoria como intérprete clásico únese á súa faceta como compositora. Hoxe en día traballa como a compositora e produtora da banda sonora orixinal do videoxogo Archaelund. Ademais, compón e interpreta música orixinal para piano en estilo de jazz-fusión, sendo unha característica dos seus concertos incluír composicións propias no programa.

"A música é o motor esencial da miña vida. É a miña vocación, a miña paixón, o meu refuxio, a miña enerxía, o meu traballo e o meu tempo libre. Non podería imaxinarme doutra maneira», explica a artista.

The contents of this page were updated on 11.28.2023.