Skip to main content

Músicas a carón da Mosqueira

Concerto de Syntèse Quartet (cuarteto de saxofóns)

11/12/2023 - 20.30 horas

Campus de Lugo
Casa do Saber

Synthèse Quartet actuará o 11 de decembro no ciclo Músicas a carón da Mosqueira

Cartel do ciclo Músicas a carón da Mosqueira
Cartel do ciclo Músicas a carón da Mosqueira

Synthèse Quartet, cuarteto de saxofóns, actuará no ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’, incluído na programación organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, o luns 11 de decembro ás 20.30 horas, na Casa do Saber do campus de Lugo, e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Ao longo de toda a súa historia o cuarteto tivo varias ramas que foron enriquecendo o repertorio da formación ata a actualidade. Os tres piares fundamentais nos que se sustenta a literatura da agrupación son: as obras orixinais influenciadas pola tradición clásica francesa, as pezas de nova creación e a transcrición.

O cuarteto nace en 2017 e compóñeno Javier Valero Aladrén, saxofón soprano, Ángela Romera Tutor, saxofón alto, Ismael Arroyo Blázquez, saxofón tenor, e Raúl Flox Prado, saxofón barítono.

Durante os seus cinco anos de traxectoria, foi galardoado con máis de quince premios. Actuaron en grandes salas nacionais e tamén ofreceron a súa música de maneira internacional.

A súa paixón pola música e a búsqueda de máis literatura escrita para a formación de cuarteto de saxofóns lévaos a realizar 4 estreas no año 2021. A máis recente é 'Sic mundus creatus est', unha obra encargada ao xove e recoñecido compositor bilbaíno David Cantalejo Gómez, a cal está actualmente publicada pola editorial “Dash Editions”.

Ademais de membros de Synthèse Quartet, son embaixadores das recoñecidas marcas Vandoren Paris, JLV Sound Paris e Instrumentomanía.

The contents of this page were updated on 11.30.2023.