18/12/2023 - 20.30 horas
Casa do Saber
Sofía Salazar, frauta, e Luis Arias, piano, actuarán no ciclo Música a carón da Mosqueira

Sofía Salazar, frauta, e Luis Arias, piano, actuarán no ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’, incluído na programación organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo. O concerto será o luns 18 de decembro ás 20.30 horas, na Casa do Saber do campus de Lugo, e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.