11.29.2023 | 18.00h-21.00h
Este mércores 29 de novembro proxéctase o filme de 1968 'If...' [Si...]

A película de Lindsay Anderson poderá verse en versión orixinal subtitulada a partir das 18.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía, situado na planta baixa.
Esta é unha actividade organizada polo Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía da USC e forma parte do proxecto 'Cultura en Mazarelos' da Facultade. A presentación da sesión correrá a cargo do profesor Jorge Sacido Romero da Facultade de Filoloxía compostelá.
A entrada é de balde ata completar aforo.