Skip to main content

Concerto do Coro Universitario e do Coro Gli Appassionati

12.15.2023 | 19.30h-21.30h

Santiago de Compostela

Primeira actuación do Coro Universitario baixo a dirección de Mario Diz

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

O venres 15 de decembro o Coro Universitario actuará co Coro Gli Appassionati na Igrexa da Universidade, ás 19.30 horas. A entrada ao concerto é de acceso libre e aberta.

O Coro Universitario fundouse no ano 1979 e desde este curso académico 2023/2024 está integrado nun proxecto pedagóxico común xunto coa Orquestra da Universidade, baixo a dirección de Mario Diz.

O Coro Gli Appassionati nace no ano 2012 da man da mezzosoprano Nuria Lorenzo. É un coro integrado por persoas novas apaixonadas polo canto e a música en xeral, que os define como grupo. Os seus compoñentes, un grupo de cantantes con sólida preparación vocal e musical e ampla experiencia coral, abordan unha gran variedade de repertorio que inclúe obras de música clásica, pop e popular.

Cartel do concerto do Coro Universitario e do Coro Gli Appassionati
Cartel do concerto do Coro Universitario e do Coro Gli Appassionati
The contents of this page were updated on 12.13.2023.