Skip to main content

Cultura en Mazarelos

Xornadas 'Os animais e a filosofía'

12.12.2023-12.15.2023 | 20.00h-20.30h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Desenvólvense desde o martes 12 ata o venres 15 de decembro

Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite

O programa Cultura en Mazarelos da Facultade de Filosofía segue adiante coas xornadas 'Os animais e a filosofía'. Este martes 12 de decembro ás 20.00 horas preséntase no Salón de Actos o fotolibro 'Anima' da artista gráfica Ruth Montiel, con X. Lois Gutiérrez de Alauda Negra.

 

O mércores 13 de decembro ás 18.00 horas proxéctase no Salón de Actos o vídeo 'Introdución ao sofremento dos animais salvaxes' e do documental 'Dominion'. O xoves 14 ás 12.30 horas e tamén no Salón de Actos terá lugar a conferencia de Susana Monsó Gil da Universidad Nacional de Educación a Distancia: '¿Entienden la muerte los animales?'. A autora explicará como o concepto da morte é moito máis fácil de adquirir do que se supuxo tradicionalmente, e que se pode esperar que estea moi estendido na natureza.

Segundo lembra a investigadora, ao longo da historia o ser humano considerouse o único animal cunha noción da morte, visión que afunde as súas raíces en dous rumbos antropocéntricos: un antropocentrismo intelectual que consiste en supoñer que a única maneira de entender a morte é a maneira humana e un antropocentrismo emocional que establece que as únicas reaccións emocionais á morte que resultan de interese son as reaccións típicas dos seres humanos.

Susana Monsó é a autora do libro 'La zarigüeya de Schrödinger' (Plaza & Valdés, 2021), que proximamente aparecerá en lingua inglesa en Princeton University Press nunha nova edición, e a cofundadora da Philosophy of Animal Minds and Behavior Association.

O venres 15 ás 15.00 horas na Sala de Xuntas o 'Animal Ethics and Animal Minds Workshop' co seguinte programa:

15.00 horas: Presentación

15.10 horas: Diego Expósito da University of Sheffield: 'A dependency-based argument in defence of assisting wild animals'

16.10 horas: Frauke Albersmeier da Heinrich Heine Universität Düsseldorf: 'The challenge of sentient equality'

17.10 horas: Catia Faria da Universidad Complutense de Madrid: 'Wild animal suffering: a gender-sensitive approach'

18.30 horas: Jeff Sebo da New York University: 'Bridging legal longtermism and animal law'  

19.30 horas: Susana Monsó da Universidad Nacional de Educación a Distancia: 'Playing possum: Death feigning and animal concepts'

 
The contents of this page were updated on 12.15.2023.