Skip to main content

Acto académico de imposición de bandas e entrega de diplomas de convivencia na residencia universitaria Jesús Bal y Gay

A vicerreitora Carme Silva conducirá esta sesión, a partir das 21.00 horas, no marco da que se distinguirá a Manuel Ángel Varela coa ‘Beca de Honra’

A residencia universitaria Jesús Bal y Gay do Campus Terra da USC celebra este xoves, a partir das 21.00 horas, no acto académico de imposición de bandas aos estudantes residentes e de entrega de diplomas de convivencia ás persoas estranxeiras que residiron durante este ano académico neste centro universitario.

A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez, inaugurará este emotivo acto, no que tamén intervirá a directora da residencia universitaria Jesús Bal y Gay, Paula Vázquez Rodríguez, e o subdirector do referido centro universitario, Javier Prieto Pérez, quen se ocupará de presentar e de facer a laudatio da persoa que recibe a ‘Beca de Honra’, Manuel Ángel Varela Pérez.

Antes de proceder ao recoñecemento que o centro universitario lugués tributa a Manuel Ángel Varela, a residente María Manteiga Rodríguez tamén intervirá como relatora na sesión como representante da promoción de estudantes do Campus Terra da USC hospedados na residencia universitaria Jesús Bal y Gay.

The contents of this page were updated on 03.30.2017.