Skip to main content

Exposición

Xuventude Crea (Moda e Deseño de xoias)

12.12.2023-01.05.2024

Santiago de Compostela

As obras gañadoras do certame nos campos da Moda e Deseño de xoias poderanse ver desde o 12 de decembro ata o 5 de xaneiro

Cartel da exposición
Cartel da exposición

A exposición de Xuventude Crea coas obras finalistas nos campos da Moda e Deseño de xoias será na Igrexa da Universidade, unha vez pechada a mostra coas obras finalistas nos campos das Artes plásticas e Fotografía.

Poderá ser visitada desde o 12 de decembro ao 5 de xaneiro de 2024 de xeito gratuíto, de luns a sábado en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Xuventude Crea é un programa dirixido a creadoras e creadores non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos, que naceran ou residan en Galicia. Impulsado pola Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pretende estimular e apoiar a imaxinación, a creatividade e a innovación das e dos artistas emerxentes.

The contents of this page were updated on 01.05.2024.