Skip to main content

Xornada da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais

12/12/2023 - 9.30 horas

O programa, que se desenvolve baixo o título ‘O futuro da seguridade a saúde no traballo escríbese hoxe’, e coincide co 50 aniversario da entidade, aborda este martes, a partir das 9.30 horas, na Facultade de Ciencias, a creación de lugares de traballo seguros e saudables

Facultade de Ciencias
Facultade de Ciencias

A Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais (SGPRL) celebra este martes, a partir das 9.30 horas, na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo, a xornada ‘O futuro da seguridade e a saúde no traballo escríbese hoxe’, un foro que coincide co 50 aniversario da creación desta entidade e no marco do que distintos relatores intercambiarán opinións e coñecementos arredor da creación de escenarios laborais seguros e saudables.

A decana da Facultade de Ciencias da USC, Asteria Luzardo, presidirá a sesión inaugural destas xornadas, nun acto no que tamén intervirán o presidente da SGPRL, Carlos Montes Piñeiro, e a xerente do Instituto de Seguridade Saúde Laboral de Galicia, Adela Quinzá-Torroja García, quen, de seguido, ofrecerá o relatorio de apertura da sesión baixo o título ‘Estratexia de SST de Galicia: Horizonte 2027.

 

The contents of this page were updated on 12.11.2023.