Skip to main content

Clausura do programa 'Camiños de coñecemento e experiencia' do IV Ciclo

12.12.2023 | 17.00h-20.00h

Santiago de Compostela
Salón Nobre

Nesta edición participaron 610 estudantes das catro provincias galegas

O Salón Nobre do Colexio de Fonseca acolle o evento. FOTO: Santi Alvite
O Salón Nobre do Colexio de Fonseca acolle o evento. FOTO: Santi Alvite

O Salón Nobre de Fonseca acolle estes martes 12 ás 17.00 horas o acto de clausura do programa do IV Ciclo da USC que leva por título 'Camiños de coñecemento e experiencia'. Asistirán a este evento a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias; o subdirector xeral de Atención Sociosanitaria e Innovación Asistencial da Consellería de Política Social, José Javier Ventosa; o profesor da Universidade de Vigo Victoriano Nodar e a directora do IV Ciclo Esther Olveira.

A apertura do acto correrá a cargo de Pilar e tras ela intervirán Esther Olveira, o estudante do concello de Porto do Son, Manuel Maneiro Santamaría e o profesor e colaborador de IV Ciclo Victoriano Nodar. A continuación entregaránselles diplomas aos representantes dos concellos participantes no programa e falará o subdirector xeral José Javier Ventoso, clausurando o acto a vicerreitora Pilar Murias.

Nesta edición do programa participaron 610 estudantes das catro provincias galegas, procedentes de 14 concellos da provincia da Coruña, oito da provincia de Lugo, cinco da provincia de Pontevedra e un da provincia de Ourense.

Os temas abordados nesta edición foron os seguintes: 'Enfrontándonos á soidade non desexada', 'Idadismo, desterrando prexuízos I', 'A carta xeográfica de Galicia de Domingo Fontán', 'Moda, arte e historia: unha lectura diferente do patrimonio galego', 'Alimentación saudable', 'A importancia de ver ben en todas as etapas da vida', 'Visita ao Castro da Cidá', 'Interpretación do etiquetado dos alimentos', 'Museos e Patrimonio Cultural... 90 años do Museo Provincial de Lugo', 'A fauna na paisaxe', 'Astronomía nun día solleiro: os reloxos de sol',
'Elementos básicos para a nutrición saudable dos adultos e persoas de idade avanzada', 'Biodiversidade e conservación' e 'Para que serven os insectos?'.

The contents of this page were updated on 12.12.2023.