12.20.2023 | 10.00h-11.00h
Organizada polo Seminario do Departamento de Matemática Aplicada
A Aula Magna da Facultade de Matemáticas acolle este mércores 20 a partir das 10.00 horas unha conferencia de Rodolfo Bermejo Bermejo, da Universidade Politécnica de Madrid, titulada 'High order Lagrange-Galerkin methods for the conservative formulation of the advection-diffusion equation'.
O evento está organizado polo Seminario do Departamento de Matemática Aplicada da USC e existirá a posibilidade de seguilo en liña por MS Teams a través desta ligazón.