Skip to main content

Xornadas sobre enfermidades metabólicas hereditarias

12.15.2023-12.16.2023 | 12.00h-14.00h

Santiago de Compostela
Hotel Monumento San Francisco

No mesmo evento péchase o IV Mestrado Propio en Enfermidades Metabólicas Hereditarias, o II Curso de Especialización 'Diagnóstico e terapéutica das enfermidades metabólicas conxénitas' e o I Curso de Especialización 'Atención integral en enfermidades minoritarias. Xestores de casos'

A investigación é clave para lograr novos avances. FOTO: Santi Alvite
A investigación é clave para lograr novos avances. FOTO: Santi Alvite

O Hotel Monumento San Francisco será o escenario o venres 15 e o sábado 16 das xornadas sobre enfermidades metabólicas hereditarias, coas que se clausura o  IV Máster Propio en Enfermidades Metabólicas Hereditarias, o II Curso de Especialización 'Diagnóstico e terapéutica das enfermidades metabólicas conxénitas' e o I Curso de Especialización 'Atención integral en enfermidades minoritarias. Xestores de casos'. O evento está organizado pola Cátedra Institucional da USC de Enfermidades Metabólicas Hereditarias Sanofi, que dirixe a profesora María Luz Couce Pico.

A xornada do venres 15 comeza ás 12.00 horas abordando o programa do taller de adherencia terapéutica. Ás 16.00 horas comezará unha mesa redonda titulada 'Reflexións sobre o cribado neonatal xenético' que será seguida ás 17.30 horas por unha conferencia sobre terapia xénica impartida pola doutora María José de Castro López e unha mesa redonda que se iniciará ás 18.30 horas sobre o presente e o futuro da farmacia hospitalaria.

A xornada do sábado 16 empeza ás 9.00 horas con intervencións sobre casos clínicos de detección moi precoz das enfermidades de Gaucher e Pompe. Ás 10.15 horas comeza a mesa redonda sobre a investigación actual en enfermidades metabólicas e ás 12.00 horas haberá unha conferencia de Benigno Rosón Calvo sobre a importancia da intelixencia artificial en relación coas enfermidades raras.

Ás 12.30 horas dará inicio a mesa de clausura e entrega de diplomas. Nela intervirán o vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da USC, Gumersindo Feijoo Costa; o codirector do curso de Atención Integral en Enfermidades Metabólicas Hereditarias e presidente de AECOM, Domingo González-Lamuño; a directora da Cátedra, María Luz Couce Pico, e o director médico de Sanofia, Salvador García Fernández.

The contents of this page were updated on 12.15.2023.