Skip to main content

Presentación do Informe Mundial de Puntos de Non Retorno do Planeta

18/12/2023 - 10.00 horas

Os investigadores da USC Sebastián Villasante e José Antonio Sanabria darán conta este luns, no salón de Graos da Facultade de ADE, das conclusións deste estudo, no marco dun acto no que tamén intervirá o decano do centro universitario lugués, Roberto Bande

Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo
Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo

O profesor na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra da USC Sebastián Villasante e o tamén docente na USC e investigador do CRETUS José Antonio Sanabria, que participaron como autores no Informe Mundial de Puntos de Non Retorno, presentarán este luns 18 de decembro, a partir das 10.00 horas, no Salón de Grados de ADE, as conclusións deste estudo, no marco dun acto no que tamén intervirá o decano e profesor na Facultade de ADE, Roberto Bande Ramudo.

The contents of this page were updated on 12.15.2023.