12.21.2023 | 19.30h-21.00h
Falará sobre 'Escritos sobre arquitectura, xénero e territorio'

O Seminario de Futuros Urbanos poralle o ramo ao semestre cun encontro coa investigadora María Novas Ferradás este xoves, ás 19.30 horas na Aula 18 da Facultade de Xeografía e Historia. Falará sobre 'Escritos sobre arquitectura, xénero e territorio'.
En 2023 o seu libro 'Arquitectura y género. Una introducción posible' (Melusina, 2021) foi premiado na XVI Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo. Esta publicación está baseada na súa tese de mestrado, realizada en 2014.