Skip to main content

Exposición

A memoria do deserto. Saleta Rosón

02.02.2024-03.30.2024

Salón Artesoado
Santiago de Compostela

A mostra amosa fotografía de dúas cidades abandonadas. FOTO: Santi Alvite
A mostra amosa fotografía de dúas cidades abandonadas. FOTO: Santi Alvite

O Salón Artesoado do Colexio de Fonseca acolle desde o venres 2 de febreiro a exposición de fotografía 'A memoria do deserto', de Saleta Rosón. A mostra trasládanos a dúas cidades abandonadas: unha colonial baixo o nome de Kolmanskop, construída polos alemáns en 1908 no deserto do Namib (Namibia) para aloxar os traballadores das minas de diamantes. A outra é Al Madam, unha urbe levantada entre os anos 1970 e 1980 no interior do Emirato de Sharjah (Emiratos Árabes Unidos), a tan só 60 quilómetros da cidade de Dubai.

"Saleta Rosón crea un vínculo entre ela, o obxectivo da súa cámara e a natureza que retrata. Realízao con gran manexo da técnica, pero sobre todo cunha mirada respectuosa e fiel ao que a natureza volveu construír. A beleza que atrapa no seu obxectivo é real, aínda que retrata paisaxes que poden parecer surrealistas, a través de orixinais perspectivas e superposicións de diferentes planos", explica o comisario da mostra.

A mostra poderá verse ata o 30 de marzo de 2024, de luns a sábado, en horario de 11 a 14 e de 17 a 20.30 horas.

The contents of this page were updated on 02.07.2024.