Skip to main content

Consello de Goberno

01.25.2024 | 09.30h-15.00h

Santiago de Compostela

Este xoves 25 ten lugar o Consello de Goberno ordinario da USC. A sesión desenvolverase no Centro de Estudos Avanzados e poderá seguirse desde a Biblioteca Intercentros de Lugo

Centro de Estudos Avanzados. FOTO: Santi Alvite
Centro de Estudos Avanzados. FOTO: Santi Alvite

Entre os asuntos a tratar na orde do día, figuran a cobertura de vacantes nas comisións delegadas do Consello de Goberno, a renovación da Comisión de Avaliación de Conflitos, a aprobación da oferta de prazas da convocatoria do Programa Ramón y Cajal 2023, a adscrición dun investigador no marco do Programa Oportunius, a proposta de candidaturas para as axudas do Programa Beatriz Galindo 2023 ou o recoñecemento do interese para a USC da actividade proposta por un profesor para prestar servizos no organismo público de investigación da Axencia Galega de Innovación.

Así mesmo, estudarase a aprobación dunha solicitude de comisión de servizos, de memorias de licenzas por ano sabático do curso 2022-2023, a proposta de complementos retributivos autonómicos (recursos), o Plan de Internacionalización 2024-2026; as declaracións de intencións de novas titulacións de máster para a súa implantación no curso 2025/2026, de modificacións substanciais de titulacións de grao, máster universitario ou programas de doutoramento e de modificacións non substanciais de programas de doutoramento para a súa implantación no curso 2024/2025.

Tamén se analizará a modificación (reverificación) do Máster Universitario Erasmus Mundus en Lexicografía, a modificación da memoria do Programa académico de simultaneidade de dobre grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual, a modificación do Regulamento das titulacións de grao e máster da USC e do procedemento para o aseguramento da súa calidade, o acordo polo que se establece o réxime xurídico do Delegado de Protección de Datos da USC, os premios extraordinarios de grao e máster do curso 2022-2023 e as memorias de estudos propios.

Os seguintes puntos abordarán convenios e a análise da participación do estudantado en seminarios ou actividades similares en relación coa obriga de asistencia a clase. Seguidamente presentarán os seus informes o reitor, as vicerreitoras e vicerreitores, o xerente e a secretaria xeral, para finalizar o Consello cunha rolda aberta de intervencións.

The contents of this page were updated on 01.25.2024.