Skip to main content

A Fundación USC Deportiva colabora na organización dunha masterclass de zumba no beneficio de Cruz Vermella

O sábado 11 de marzo terá lugar en Santiago unha masterclass de zumba na que colabora a Fundación USC Deportiva e na que todos os beneficios recadados dos 4 euros da entrada irán destinados a Cruz Vermella.

O evento, dirixido e coordinado polo instrutor de Zumba da Fundación USC Deportiva Adrián Romero, conta coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, que cede o seu pavillón polideportivo para desenvolver a actividade.

O evento, que comezará ás 18.00 horas, contará coa actuación musical de Alex Millet e haberá inchables e xogos para os máis pequenos. Os menores de 12 anos poden participar de balde.

The contents of this page were updated on 03.06.2017.