Skip to main content

Cultura en Mazarelos

Conferencia de Antonio Diéguez: 'Perspectivas e problemas na integración coa máquina'

02.07.2024 | 18.00h-21.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite

O catedrático de Lóxica e Filosofía da Ciencia Antonio Diéguez Lucena da Facultade de Filosofía da Universidade de Málaga ofrece unha conferencia este mércores 7 de febreiro a partir das 18.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía. Co título Perspectivas e problemas na integración coa máquina, a conferencia forma parte da serie Cultura en Mazarelos. A entrada é libre ata completar a capacidade do espazo.

Do contido da conferencia, o profesor Diéguez adianta que dentro do programa transhumanista está a proposta dunha integración progresiva coas máquinas, o que poderiamos denominar como proceso de ciborguización. Inicialmente esa integración sería parcial e temporal, pero o obxectivo final para as  persoas máis radicais sería a unión total mediante o envorcado da mente nunha máquina. Isto é visto polas persoas defensoras da tecnoloxía como a mellor forma de evitar que as futuras superintelixencias artificiais acaben connosco. Todo isto presenta problemas importantes, non só desde formulacións realistas acerca das posibilidades previsibles da tecnoloxía, senón tamén desde unha perspectiva filosófica. Na conferencia analizarase se, supoñendo que fose algunha vez posible o envorcado da mente nunha máquina, sería posible manter no proceso a identidade persoal e, por tanto, isto sería unha forma de conseguir a inmortalidade, como manteñen as persoas transhumanistas.

The contents of this page were updated on 02.05.2024.