02.07.2024 | 17.00h-19.00h

A profesora da Facultade de Matemáticas e investigadora do Citmaga María Elena Vázquez Abal ofrece este mércores 7 de febreiro unha conferencia titulada 'Muller científica=bicho raro'; será na Aula Magna da Facultade a partir das 17.00 horas. Con esta charla o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia súmase ás actividades organizadas con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia que se conmemora anualmente o 11 de febreiro.
