Skip to main content

Xornada en Química polo 11F

02.16.2024 | 09.00h-13.30h

Santiago de Compostela
Aula Magna

Organizada pola Universidade de Santiago de Compostela-Innovatia 8.3 e por Bioga

Aula Magna da Facultade de Química. FOTO: Santi Alvite
Aula Magna da Facultade de Química. FOTO: Santi Alvite

A brecha de xénero nos sectores da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas (CTEM) persiste desde hai anos en todo o mundo. O 11 de febreiro é a data sinalada para visibilizar a pouca representación que aínda existe de mulleres nestes campos. Con este motivo o Bioga e a USC-Innovatia 8.3 commemoran o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia cunha xornada de conferencias coas que amosar unha visión diferente das vocacións científicas para as nenas, ensinando como coa ciencia se poden crear empresas e bos lugares de traballo.

Á inauguración da xornada, que será ás 09.00 horas, asistirán a vicerreitora de Política Científica da USC, Pilar Bermejo Barrera; a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Sandra Vázquez Domínguez; a vogal da Xunta Directiva de Bioga María Seoane Ramil; o decano da Facultade de Química, Jesús Sanmartín Matalobos e a coordinadora de Innovatia 8.3. Instituto das Mulleres, Eva López Barrio, que moderará a mesa. As conferencias terán lugar o venres 16 de febreiro na Aula Magna da Facultade de Química e estarán abertas ao público. No vestíbulo da Facultade instalaranse mesas con experimentos e tecnoloxías, resultados de investigación da USC, complementando o evento cun taller de empregabilidade.

 

 

The contents of this page were updated on 02.13.2024.