Área de Xestión da Investigación
A Área de Xestión da Investigación da USC actúa como unha estrutura de apoio técnico e administrativo da Xerencia, asumindo funcións de asesoramento, información, difusión, fomento, xestión, seguimento económico e xustificación das diferentes actuacións no eido da investigación. Organízase nas Subáreas de Convocatorias e Programas de Recursos Humano e Subárea Económica.
Asume, entre outras, as seguintes funcións:
- Xestión das convocatorias públicas de selección para a contratación de persoal específico para o desenvolvemento desas actividades
- Xestión das convocatorias para a incorporación de programas de recursos humanos de investigación (convocatorias de axudas pre e posdoutorais, internas ou externas)
- Xestión de convocatorias de axudas propias da USC no ámbito da investigación.
Asume, entre outras, as seguintes funcións:
- Rexistro e apertura das actividades e das partidas do orzamento, unha vez obtido o financiamento. A cada actividade e partida asígnaselle unha persoa que exercerá a responsabilidade sobre a execución técnica e científica da actividade (a quen se denomina investigador/a principal ou IP), e tamén a económica sobre o gasto, que denominamos director/a da unidade de gasto.
- Dotación ou posta a disposición da persoa responsable do crédito aprobado para desenvolver as actividades.
- Seguimento, en coordinación coas unidades de asuntos económicos descentralizadas, da execución dos gastos en cada partida / actividade
- Emisión da facturación xestión dos ingresos, no caso da actividade contratada no eido do artigo 60 da LOSU
- Elaboración e presentación das contas xustificativas, no caso do financiamento que procede do sector público de ámbito estatal e galego.
- Colaboración, coa Área de Promoción e Estratexia Científica, na xestión e administración de proxectos europeos e internacionais
Área de Promoción e Estratexia Científica
A Área de Promoción e Estratexia Científica da USC actúa como unha estrutura de apoio técnico da Vicerreitoría de Política Científica, que asume as funcións de asesoramento, información, difusión e fomento das diferentes actuacións no eido do artigo 60 da LOSU e das iniciativas de I+D+I europeas e de carácter internacional así como das competencias relacionadas coa execución da política científica da USC e da xestión dos sistemas de información, avaliación e seguimento das mesmas. Organízase nas Subáreas de Promoción e na Subárea de Proxectos.
Asume, entre outras, as seguintes funcións:
- Promoción e dinamización da investigación colaborativa e baixo contrato, incluíndo a negociación, redacción e revisión de actividades de I+D+I contratada e negocios xurídicos relacionados
- Apoio e asesoramento técnico no desenvolvemento das actividades derivadas da política científica da USC
Asume, entre outras, as seguintes funcións:
- Divulgación, promoción e dinamización da participación en programas europeos e internacionais
- Apoio e asesoramento na presentación de solicitudes de proxectos a convocatorias competitivas de ámbito europeo e internacional e na fase de negociación previa ao inicio do proxecto
- Colaboración, coa Área de Xestión da Investigación, na xestión e administración de proxectos europeos e internacionais