Skip to main content

A poesía de Luísa Villalta, no Club de Lectura de Filoloxía

02.20.2024 | 16.30h-18.30h

Santiago de Compostela
Aula B10

Armando Requeixo falará da obra da autora a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas

Portada de 'Pensar é escuro'
Portada de 'Pensar é escuro'

O Club de Lectura da Facultade de Filoloxía organiza para este martes 20 de febreiro ás 16.30 horas unha sesión sobre o volume Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-2004) de Luísa Villalta, editado polo crítico literario e investigador Armando Requeixo, quen falará sobre a obra poética da autora a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

A sesión está organizada polo decanato e pola Comisión de Actividades Culturais, a través da profesora Dolores Vilavedra e das estudantes de grao María Crespo Cutrín e Claudia Rivas Seivane. Para máis información pode contactarse co Club de Lectura de Filoloxía en Instagram ou enviando un correo a maria.crespo.cutrin [at] rai.usc.es (maria[dot]crespo[dot]cutrin[at]rai[dot]usc[dot]es).

Cartel do evento
Cartel do evento
The contents of this page were updated on 02.19.2024.