Skip to main content

Investigadores da USC participan nun informe para a promoción da participación e do asociacionismo no Concello de Rianxo

Os grupos de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA- interea) da USC e de Política Educativa, Historia e Sociedade da Universidade da Coruña presentaron este mércores na Casa do Concello de Rianxo o informe do convenio ‘Diagnose e proposta de liñas estratéxicas e operativas para a promoción da participación e do asociacionismo de base no Concello de Rianxo’.

O documento presentado recolle aspectos relacionados co marco normativo-legal e a iniciativa política municipal no referido a asociacionismo e participación social, un traballo de campo sobre a situación local e diversas propostas de política municipal e asociativa.

O equipo investigador do proxecto, coordinado polos profesores Héctor Pose Porto e José Antonio Caride Gómez, estivo integrado por Raúl Fraguela Vale, Lara Varela Garrote, Manuel Pérez Rúa, Belén Caballo Villar, Rita Gradaílle Pernas, Laura Varela Crespo, Mª Eugenia Bolaño Amigo e Yolanda López López.

The contents of this page were updated on 01.12.2017.