02.28.2024 | 18.00h-21.00h

O Ciclo de Cinema Filosófico, organizado polo Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía ofrece unha nova película este mércores 28 de febreiro ás 18.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía. Vaise proxectar o film Hævnen (Nun mundo mellor) (2010), da directora danesa Susanne Bier.
A presentación da sesión correrá a cargo de Ricardo Paz Díaz. Esta é unha actividade do proxecto Cultura en Mazarelos da Facultade de Filosofía e a entrada de balde ata completar a capacidade do espazo.
