Skip to main content

Xornadas de Convivencia e Formación Universitaria

03.13.2024

Campus Sur
Santiago de Compostela

Campus sur da USC. FOTO: USC
Campus sur da USC. FOTO: USC

As Xornadas de Convivencia e Formación Universitaria son a principal iniciativa de dinamización estudantil planeada polo Consello do Estudantado neste curso 23-24. A primeira foi o 5 de marzo e igual que esta segunda do 13 de marzo tivo lugar en diversos centros do Campus Sur de Santiago, e o seu principal obxectivo será capacitar o estudantado para ser un axente activo dentro da súa comunidade.

Haberá formacións globais sobre o funcionamento da USC e, ademais, formacións máis específicas que poderán escoller as persoas participantes, entre as que haberá un curso de primeiros auxilios, un de oratoria e un de redes sociais, entre outros. A comida dos dous días, así como os gastos de transporte a Santiago para o estudantado do Campus de Lugo, estarán pagados polo Consello do Estudantado. Ao ser unha formación global, tratarase de chegar a estudantes de todos os centros da Universidade, garantindo tres prazas por centro con prioridade para estudantes de 1º e 2º curso. Por último, a participación nas xornadas será recompensada cun crédito ECTS en recoñecemento da formación recibida.

Cartel das xornadas
Cartel das xornadas
The contents of this page were updated on 02.27.2024.