Skip to main content

A Fundación USC Deportiva organizará en abril un curso de introdución á meditación e o mindfulness

Aprender ferramentas e habilidades que melloren a capacidade manexar o estres e as condicións de saúde relacionadas con el é un dos obxectivos do curso de ‘Iniciación á meditación e o mindfulness’ que organizará a Fundación USC Deportiva o 1 de abril en Santiago. O curso impartirao Amancio Rial, profesor de tai chi, kung fu e meditación da mesma Fundación.

Como explican os seus promotores, o abano de temas que se tratarán nesta xornada achegarán tamén estratexias para incrementar a concentración ou aumentar a relaxación física e mental. Esta é unha actividade dirixida a calquera persoa interesada en achegarse ao mundo da meditación e o mindfulness sen que sexa necesaria experiencia previa.

Para participar é preciso formalizar a inscrición a través da web da Fundación USC Deportiva (www.fundacionuscdeportiva.org). Cun total de 12 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, o custo do curso é de 47€ (52,70€ coa comida incluída). O curso celebrarase o sábado 1 de abril de 10.00 a 14.00 horas e de 15.30 a 18.30 horas na Residencia Universitaria Monte da Condesa.

The contents of this page were updated on 02.21.2017.