Skip to main content

Psicoloxía conmemora a festividade do seu patrón Juan Huarte de San Juan

A vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes, presidiu este venres 24 o acto académico organizado con motivo da festividade de Juan Huarte de San Juan, patrón da Facultade de Psicoloxía.

Na sesión, interviñeron ademais a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía, Mª Rosa Álvarez Prada, así como a decana da propia Facultade, Socorro Rodríguez Holguín, que precederon a Victoria Ferrer quen pronunciou a conferencia ‘Incorporando a perspectiva de xénero á Psicoloxía: un reto necesario’. Para concluír entregáronse as insignias aos premios extraordinarios de grao, máster e doutoramento.

The contents of this page were updated on 02.24.2017.