Skip to main content

Colaboración co proxecto WikiVet

A WikiVet comezou coma unha colaboración entre os departamentos veterinarios do Reino Unido para desenrolar unha base de datos na web de información veterinaria autentificada por expertos e agora está a ser traducida a diversos idiomas; entre eles o castelán.

Membros deste Grupo de Innovación Docente están a participar activamente na tradución ao castelán do contido desta base de datos de libre acceso. O proceso está no seu comezo e a medida que teñamos traducidas máis páxinas, iremos actualizando os seus enlaces.

É necesario darse de alta previamente coma usuario para acceder aos contidos; para garantir que só accedan a eles persoas relacionados dalgún xeito coa veterinaria (estudantes, egresados, docentes...).

The contents of this page were updated on 03.12.2024.