03.21.2024 | 12.15h-14.00h
Salón de Actos

A profesora Silvia Marchesan do INSTM, Università Degli Studi di Trieste, pronuncia este xoves 21 de marzo ás 12.15 horas a conferencia 'Chirality as a stargate in peptide-based biomaterials' no Salón de Actos do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da USC.
A homoquiralidade é amplamente utilizada pola Natureza en biopolímeros e pode xogar un importante papel no desenvolvemento de biomateriais, ámbito no que traballa a profesora Marchesan e o seu equipo.