Skip to main content

Conferencia sobre traballo e cambio climático de Sebastián Villasante e Antonio García-Allut

03.15.2024 | 12.00h-14.00h

Santiago de Compostela
Salón de graos

Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. FOTO: Santi Alvite

O Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais acolle este venres 15 de marzo a partir das 12.00 horas unha charla de debate aberto co título 'Repensando o espazo social do traballo ante o reto do cambio climático'. Participan Sebastián Villasante Larramendi, da USC, que falará sobre 'O Informe mundial de puntos de inflexión. Impactos, desafíos e oportunidades en Galicia' e Antonio García-Allut, da Universidade da Coruña, quen falará sobre 'Novos modelos de gobernanza: cambio e transformación social desde o caso da pesca artesanal de Galicia'. A actividade conta coa colaboración do grupo de investigación Equalsealab e a Fundación Lonxanet para a pesca sostible.

The contents of this page were updated on 03.14.2024.