Skip to main content

Graduación da XI promoción do Mestrado Universitario en Avogacía

03.15.2024 | 19.30h-21.00h
Colexio de Fonseca. FOTO: Santi Alvite
Colexio de Fonseca. FOTO: Santi Alvite

O acto institucional co que a Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela celebra a graduación da XI promoción do Mestrado Universitario en Avogacía terá lugar este venres 15 de marzo a partir das 19.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. O mestrado é impartido pola USC en colaboración co Colexío da Avogacía de Santiago e a Escola de Práctica Xurídica e o evento reunirá máis de 300 persoas e servirá para recoñecer a colaboración das institucións e profesionais que participan nas actividades formativas da Escola.

Presidirao a secretaria xeral da USC, Dulce María García Mella, e asistirán o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o Fiscal Superior de Galicia, o delegado do Goberno en Galicia, o director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, os decanos do Colexio da Avogacía de Santiago e do Colexio de Procuradores de Santiago, o xuíz decano de Santiago, o fiscal xefe da área de Santiago e representantes dos corpos da Policía Nacional, Policía Autonómica, Policía Local e Garda Civil, así como varios alcaldes da comarca e autoridades académicas, da administración de xustiza e das administracións púiblicas.

O alumnado da promoción 2022-2024 asistirá acompañado dunha importante representación dos seus familiares, e asistirá así mesmo o alumnado da primeira promoción do mestrado universitario en Avogacía e Procuradoría (2023-2025); unha representación do corpo docente formado por profesorado universitario, profesorado externo e titoras e titores de prácticas externas e a Comisión Académica da titulación.

The contents of this page were updated on 03.14.2024.