04.15.2024-04.19.2024
Auditorio Gustavo Freire
Regresa o Festival de Teatro Universitario á cidade de Lugo, chegando á súa 30 edición

Entre os días 15 e 19 de abril regresa o Festival de Teatro Universitario á cidade de Lugo, chegando á súa 30 edición. Ademais das funcións que terán lugar no Auditorio Gustavo Freire, ás 20.30 horas e con entrada de balde, terá lugar tamén un 'Taller de creación escénica con Ana Vallés' e unha nova proposta: 'EscaparArte', unha proposta para todas aquelas persoas interesadas en presentar en diferentes escaparates da cidade traballos de perfil escénico.