A directora de escena, dramaturga, bailarina, actriz e poeta visual ferrolá, Ana Vallés, imparte un taller de creación escénica os días 20 e 21 de abril no marco do XXX Festival de Teatro Universitario

A directora de escena, dramaturga, bailarina, actriz e poeta visual ferrolá, Ana Vallés, imparte un taller de creación escénica os días 20 e 21 de abril no marco do XXX Festival de Teatro Universitario. As distintas sesións formativas terán lugar en quenda de tarde, de 16.00 a 20.00 horas, na Aula de Teatro da Facultade de Veterinaria.
As persoas interesadas en participar nesta actividade, promovida desde a Área de Cultura da USC, poden formalizar a súa inscrición ata o 11 de abril, a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es)